Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

verme

Programa informático malicioso (tipo de virus) que se duplica a si mesmo, reside na memoria e case sempre causa problemas na rede.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
verme de internet
Exemplo: 
Meteuse un verme no meu ordenador, teño que pasarlle un programa antivermes ou antiworms, o antivirus que teño non o detectou.
Información complementaria: 
Os vermes de redes foron definidos por primeira vez por Shoch e Hupp, de Xerox, na revista ACM Communications (Marzo 1982). O primeiro verme famoso de Internet apareceu en novembro de 1988 e propagouse por si só a máis de 6.000 sistemas ao longo de Internet. Utiliza as partes automáticas do sistema operativo que xeralmente son invisibles ao usuario. Non é necesario que infecten o código. O maior dano que adoitan facer, é a retardación das redes.
Ver tamén: 
adware; cabalo de Troia; espión; programa malicioso; virus
Traducions
Tradución portugués: 
verme; worm
Tradución castelán: 
gusano; gusano informático
Tradución francés: 
ver; ver informatique
Tradución italiano: 
verme; worm
Tradución inglés: 
worm; IWorm; Internet Worm
Tradución alemán: 
Wurm; Computerwurm