Espazo rectangular visual que se abre no escritorio e nos axuda a comunicarnos co ordenador.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
ventá; xanela
Información complementaria:
Todos os programas comunícanse co usuario a través dunha fiestra. Na fiestra pode haber elementos para actuar mediante o rato, ou para introducir datos mediante pulsacións de letras ou números. Dentro dunha fiestra pódense abrirse outras novas. E nelas pode haber información para o usuario, ou unha caixa de texto para que o usuario teclee nela os datos que o programa lle pide.
Ver tamén:
caixa de texto